Traductor

viernes, 27 de junio de 2014

III Master por parexas Río Miño

O día 19 de Xullo temos de novo unha cita en Ombreiro.
Celebrarase a 3ª edición do Master por parexas no couto de Ombreiro, río Miño.

SÁBADO 19 DE XULLO.
ESCENARIO: COUTO DE OMBREIRO (RÍO MIÑO-LUGO)
ORGANIZAN: DELMIRO LÓPEZ E CLUB OS TROITEIROS
07:00.- ALMORZO E REPARTO DE PLICAS NO MESON DO SUSO DE HOMBREIRO
08:30 A 10:30.- PRIMEIRA MANGA
11:00 A 13:00.- SEGUNDA MANGA
13:30.- XANTAR E ENTREGA DE PLICAS NO MESON DO SUSO
16:00 A 18:00.- TERCEIRA MANGA
18:30 A 20:30.- CUARTA MANGA
(TODAS AS MANGAS SERÁN A TRAMO DESCANSADO)
21:30.- CEA DE CLAUSURA E ENTREGA DE TROFEOS NO MESON DO SUSO
INSCRICIÓN
S: 120 € POR PARELLA.

miércoles, 25 de junio de 2014

viernes, 23 de mayo de 2014

Novo verquido, esta vez no río Cabe.



Continuamos ca mesma rutina de sempre, e esta vez tocoulle a un río veciño, ó río Cabe ó seu paso por Monforte.
Novas decepcións, novas desilusións... e todo por non poder facer nada ó respecto. Máis de 300 troitas mortas en apenas nun tramo de 100m río abaixo.
Dende aquí, quero darlle todo o meu apoio á sociedade Val de Lemos e apoialos en todos os procesos que teñan que facer, xa que están loitando dunha maneira extraordinaria polo seu río.
E tamén nomear como non a un amigo e compañeiro de pesca que forma parte desta sociedade, Héctor Suárez, que el mesmo recolleu e segue recollendo as troitas que alí mostran as súas libreas blanquecinas.



                           Paulo Busto.



jueves, 22 de mayo de 2014

Línea Special Serie Euro Nymph de RIO.

Como para o ano nos volven trastocar os plans da pesca a ninfa en competición, hai que amarrarse ás novas liñas que están saíndo do forno. Estas son as liñas de RIO, Specialty Series Euro Nimph.
Cun grosor de 0.55mm, ó mínimo grosor permitido co que se vai poder pescar.
Aquí vos adxunto unhas fotos e para calqueira dúbida podedes contactar comigo no correo paulobusto@gmail.com


Un saúdo!

sábado, 10 de mayo de 2014

Autonómico Galego 2014

http://www.fgpesca.org/documentacion/2014/Campionatos/Autonomico_salmonidos_mosca.pdf