Traductor

viernes, 23 de mayo de 2014

Novo verquido, esta vez no río Cabe.



Continuamos ca mesma rutina de sempre, e esta vez tocoulle a un río veciño, ó río Cabe ó seu paso por Monforte.
Novas decepcións, novas desilusións... e todo por non poder facer nada ó respecto. Máis de 300 troitas mortas en apenas nun tramo de 100m río abaixo.
Dende aquí, quero darlle todo o meu apoio á sociedade Val de Lemos e apoialos en todos os procesos que teñan que facer, xa que están loitando dunha maneira extraordinaria polo seu río.
E tamén nomear como non a un amigo e compañeiro de pesca que forma parte desta sociedade, Héctor Suárez, que el mesmo recolleu e segue recollendo as troitas que alí mostran as súas libreas blanquecinas.



                           Paulo Busto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario