O día 3 de Maio disputouse o Master de Waldemar.
Como en anos anteriores ese ambiente familiar tan agarimoso que Waldemar desprende, volveuse a respirar.
Todo comezaba xa o día anterior. Trameo do río, comida cos organizadores dos tramos e do campoenato, faladurías de como non, da pesca... etc.
Ese mesmo día os que tiñan que recorrer algo máis de distancia para asistir ó Master, tiveron cea de benvida.
Entre o panorama dos forasteiros, estaban os grandes: Boti, os Longo, Arcay....
Cearon e ó día seguinte, os despertadores sonaban as 7 da mañá para estar as 7 e media en A Irexe - Ligonde.
Alí comeza o gran esperado Master de campións!
Almorzo, sorteo de tramos e reparto de plicas e como non, dirixímonos de cabeza ó río Ulla, concretamente ó coto de Monterroso.
As 2 da tarde chegabamos do río os participantes á Peneda, lugar donde comemos e repoñemos forzas para a segunda manga da tarde que nos esperaba.
Si, que nos esperaba porque pola mañá non houbo grandes plicas. As troitas estaban moi duras!
A segunda manga comezou ahí polas 4 da tarde e as troitas seguían sen moverse.
Xa rematada a competición, van chegando pouco a pouco as plicas dos participantes e o resultado era o esperado, as capturas non eran do máis estratosférico e seguían na mesma liña que pola mañá. (Destacar a Alberto Mera que pola tarde sacou 14 pezas).
Con isto, comeza a cena de gala que nos tiña como sempre preparada Mónica, espetacular!
Non vos quería dar envexa, pero vouvos colgar a foto do menú do día.
Comeza a cena e as risas empezan a oirse. Séntome ó lado de Jose Montalbán, que cas súas anécdotas fai que me caian as lágrimas da risa. (Io-io,chinos, piñatas... en fin, había que vivilo para contalo!)
Logo despois destas historias, Julio Seijas e Óscar Gayoso, os organizadores de todo este "tinglao", empezan a repartir os premios do "top ten" e por suposto, coma todos os anos, ó último da tabla, que este ano tocoulle a un dos grandes, Vicente Pico.
Logo chegados ó terceiro posto, cuio nome foi Miguel Prieto Ramos, aí as miñas risas ( e as de todos ) poidéronse escoitar ata na Av. de Lugo. Cantando acompañado de guitarrista a canción "Ola mi amol".
Segundo posto para outro dos grandes que viña de proclamarse campión o día anterior no da Pontenova, David Arcay.
E por último, e por 3ª vez nos 11 anos de Masters Waldemar, gaña Rafa, Rafael Bellas!. Con este triunfo é gañador do corno Waldemar e da troita de plata, e por suposto, a americana Waldemar que levaba 11 anos colgada na mesma percha! (Para os que non o saiban, para gañar a chaqueta Waldemar había que gañar 3 anos o campionato ou gañalo 2 anos consecutivos).
Óscar Gayoso foi o encargado de vestirlle a americana a Rafa, e este sorprendeu cunhas declaracións dicindo que se a chaqueta levaba 11 anos colgada na percha, non iba ser menos e volveríase a colgar alí, como un amuleto de Waldemar. Bravo Rafa!!
Con isto remato xa, aínda que as anécdotas que se poderían contar... en fin, que esta historia hai que vivila.
Dende aquí quero dar a miña noraboa a todos os participantes, a toda unha familia.
Aquí a clasificación final:
(Imaxes de Teamninfas)
Con todos vós, Paulo Busto.