Traductor

sábado, 4 de julio de 2015

IV Master Ombreiro por parejas!

Otro de los grandes!


SÁBADO 18 DE XULLO DE 2015.
ESCENARIO: COUTO DE OMBREIRO (RÍO MIÑO-LUGO)
ORGANIZAN: DELMIRO LÓPEZ E CLUB OS TROITEIROS
07:00.- ALMORZO E REPARTO DE PLICAS NO MESON DO SUSO DE HOMBREIRO

08:30 A 10:30.- PRIMEIRA MANGA
11:00 A 13:00.- SEGUNDA MANGA
13:30.- XANTAR E ENTREGA DE PLICAS NO MESON DO SUSO

16:00 A 18:00.- TERCEIRA MANGA
18:30 A 20:30.- CUARTA MANGA
(TODAS AS MANGAS SERÁN A TRAMO DESCANSADO)
21:30.- CEA DE CLAUSURA E ENTREGA DE TROFEOS NO MESON DO SUSO

INSCRICIÓNS: 120 € POR PARELLA

Santiaguiño 2015! #RV

Entrega de trofeo conmemorial ao fillo de Rafa Vázquez,

Este Santiaguiño do Monte nón foi un máis. Faltou Rafa.
O Clube Latorre ten os ánimos baixo mínimos, queda tocado na fibra máis sensible lembrando esta edición como aquel ano no que lle tributamos pública homenaxe a un socio exemplar e a un excelente amigo.
Era Rafa desas persoas ás que queres por forza, por boa xente, por bo rapaz.
No aspecto persoal era un auténtico encanto e como pescador era o mellor compañeiro. E tampouco podemos esquecer o altísimo nivel que asinou na competición gañando algún dos grandes concursos de mosca que se disputan en Galicia.
Non era, Rafa, dese tipo de contertulios bregados na polémica, nin facía grandes alardes das súas opinións. Limitábase a escoitar e cando parecía que todo estaba dito, entón él aportaba o seu sempre acertado e atinado punto de vista. E debemos dicir, que por sensato e xusto, non había quen ousara contradecilo porque ademáis dicíacho cun sorriso que te deixaba indefenso.
Botamos de menos, e botaremos, a un socio do clube e amigo. Excelente persoa e magnífico compañeiro de pesca.
Certamente, Rafa era insustituíble. Para facer os medidores, para tramear, para deseñar secadores de ninfas, para os mangos das canas… sempre era o primeiro en botar unha man. Así de desprendido e participativo.
Todos sabemos como son algúns da elite da competición, eses que agochan as caixas e son ciumentos dos seus trucos e técnicas. Rafa estaba xusto no extremo oposto. Coas caixas abertas e a súa forma de vela pesca a peito descuberto. Sen fronteiras.
Botaremos de menos ao amigo e tamén o seu sentidiño e os seus silencios.
Un clube non é quen se non ten na súa masa social persoas como Rafa Vázquez. Son os que dan senso a un colectivo suxeito a constante debate. Sen Rafa, será menos doado entender todo o que lle pasa a reos, troitas e salmóns.
E dicimos isto para que a súa familia, que nos acompañou, saiba do respecto e do agarimo que segue latexando entre nós arredor da figura e da lembranza da personalidade de Rafa.Agora pesca noutros coutos, foi de avanzadiña para que cando cheguemos poida informarnos e orientarnos en reclamos, posturas e lances.
Amigo Rafa, onde queira que esteas, onte brindamos por ti.

                                                por Miguel Piñeiro.




Los 3 primeros clasificados!
Vicente Pico 3er clasificado


David Arcay 2º clasificado



Jesús Bolaño 1er clasificado!



Enhorabuena!!!!!