Traductor

domingo, 23 de marzo de 2014

Adeus Ríos!

Se tedes uns minutiños, tomade asento e reflexionade sobre os feitos.
É unha pena...
http://www.vtelevision.es/informativos/informeenv/2014/03/23/0031_90_205216.htm

viernes, 21 de marzo de 2014

Calendario Deportivo 2014


Comezo


Toda historia ten un comezo e por desgracia (na maioría dos casos), un remate.
Esta historia comezou aló polo ano.... 2008, que tempos!
Eran tempos cucharilleiros alá polo 2008, e xa levaba uns cantos aniños pescando entre fíos e chatarra.
En resumo, un día decidín comprar una cana e un carrete de pesca a mosca, o cal me chamaba moito, xa que era unha modalidade á que con tan só 15 anos lle vía futuro, e tamén vía nela unha serie de conceptos o cal atrouxeron a miña atención e me decidín plantarlle cara.
Como todo ser vivinte na súa ignorancia, eu pensaba que con comprar a cana e o carrete xa ía pescar... E non era así (por desgracia). Os meus aforros de todo un verán que foron para estas dúas pequenas cousas, non chegaron logo para meterlle un backing ó carrete e moito menos para a línea (o cal me regalou unha un compañeiro que agora case se pode dicir que somos inseparables).
En fin, que cos aparellos e sen un peso para seguir equipándome nesta modalidade (que agora non reparo o que gasto), pouco a pouco emprendín a miña nova aventura como pescador a mosca.
Entre encerellos cos sedais, pérdida de moscas e miles de contos máis xa empezaba a sentir ese vermiño que me rebulía polo peito, e sí... despois de uns cantos días... despois de uns cantos amagos de poder sacar esas troitas que subían á miña mosca, chegou o día no que o río Ulla me fixo o pescador máis feliz de todos os anos atrás.... Unha troita de 14 cm que posteriormente devolvería á auga xa era miña , xamáis se me esquecerá.
De aí en diante, fun encerellando e encerellando, perdendo moscas, perdendo troitas, tamén sacando algunhas... en fin.... que chegamos ó 2014 e aquí sigo.
Todo un proceso de evolución que podería seguir contando nesta primeira entrada neste novo blog, no que irei contando anécdotas que me foron sucedendo como pescador de pesca a mosca, pero claro, non acabaría hoxe de escribir... E para ser a primeira entrada, creo que xa está ben, non?
Saúdos e boa pesca!!